HC Dinamo Minsk
HC Dinamo Minsk ХК Дынама Мінск | |
---|---|
Fundación | 2003 |
Cidade | Minsk, Belarús |
Estadio | Minsk-Arena |
Capacidade | 15 086 espectadores |
Liga | KHL |
Conferencia | Oeste |
División | Tarasov |
Campionatos | 5 (Extraliga) |
Propietario(s) | BFSO Dinamo |
Director | Andrei Parfimovich |
Adestrador | Craig Woodcroft |
Afiliado(s) | Dinamo-Molodechno (BHL) |
Cores | Azul claro, branco |
Na rede | |
http://hcdinamo.by | |
O Dinamo Minsk (en ruso Дина́мо Минск e en belaruso Дынама Мінск, Dynama Minsk) é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Minsk (Belarús) que compite na Tarasov Division da Kontinental Hockey League.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado na base do existente Torpedo Minsk en 1976, que competía na Extraliga Belarusa. O Dinamo estivo vencellado ao nome de Tivali Minsk dende 1993 ata o 2001, ano no que cesaron as súas actividades. O equipo foi refundado no 2003 baixo o impulso da Federación Belarusa e ingresou na Extraliga Belarusa..
O 26 de marzo de 2008 a KHL confirmou ao club belaruso na Bobrov Division.
O 29 de xullo do 2008, o adestrador Paul Gardner dimitiu por cuestións persoais en agosto. Gardner dixo que a directiva do club non estaba preparada para o seu estilo de xogo norteamericano [1]. O posto de Gardner foi ocupado por Jim Hughes.
O club reubicouse no Minsk-Arena en decembro do 2009.
No 2009 proclamouse campión da Spengler Cup ao vencer ao HC Davos por 1 a 3 o 31 de decembro do 2009.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Extraliga Belarusa: 2007
- 2 Copa de Belarús: 2005, 2006
- 1 Spengler Cup:2009
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "AllHockey.Ru - Gardner: my system of preparation has not arranged the heads". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 13 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]